Por sé tratar de partículas átonas ,os pronomes átonos están suxeitos ao fenómeno dos clíticos, que os fai depender foneticamente da palabra que os antecede . De aí que sexan dúas as posicións de énclise e próclise , que os clíticos poden adoptar a respecto do verbo.
A posición marcada é a proclítica, mentres a enclítica é a non marcada.
Para sistematizar esquematicamente as regras sintácticas de colocación dos clíticos debemos distinguir os seguintes casos:
En cláusulas con verbo finito:
A énclise atopase nas cláusulas simples declarativas non negativas en que a orde de palabras é a habitual , nas cláusulas que conteñen a función nuclear de predicado , nas cláusulas non introducidas por un nexo conxuntivo e nas que van introducidas por nexos copulativos e adversativos.
Un clítico non se pode colocar nunca en posición inicial absoluta , nin inmediatamente despois da pausa.
A próclise ocorre nos seguintes casos: nas cláusulas tradicionalmente chamadas subordinadas, introducidas por nexos conxuntivos ou no, menos os copulativos e adversativos. Nas cláusulas desiderativas en que o suxeito precede ao verbo, nas cláusulas enfáticas, cando se quere solventar por focalización o suxeito e cando antes do verbo vai alguna das seguintes palabras non seguida de pausa (palabras a indicar negación,exclamativos, interrogativos, identificadores e cuantificadores, todos os adverbios de dúbida, limitación, inclusión, identificación e os presentativos de lugar).
En construción con infinitivo e xerundio:
Cando o infinitivo forma parte dunha perífrase verbal, o pronome pode acompañar ao infinitivo en énclise ou ocupar o lugar que lle corresponde ao verbo auxiliar.
Se o infinitivo non forma perífrase verbal, poden darse varias construcións:
A) Cando o infinitivo conforma co verbo principal un complexo verbal non perifrástico e desempeña nel a función de CD , o clítico admite o posicionamento con cada un dos verbos igual que se formasen perífrase: Quero collelo/Quéroo coller.
B) Se o infinitivo, non introducido por ningún nexo, funciona como suxeito ou atributo do verbo principal, o normal é que o promome vaia enclítico.
C) Cando o infinitivo vai rexido por unha preposición, o clítico que funciona como o seu complemento pode ir antes ou despois del.
D) Do infinitivo ir introducido por unha conxunción ou por pronome relativo e interrogativo-exclamativo, o pronome átono pode ir proclítico ou enclítico ao infinitivo.
Construccións con xerundio.
A) Nas perífrases verbais co verbo auxiliar en xerundio o verbo vai enclítico: Estouno observando/Estou observandoo.
B) Se o xerundio é o núcleo verbal da cláusula ,o pronome vai enclítico.
Mais do xerundio ir precedido dunha negación ou da preposición en, o pronome pode ir antes ou despois.
Se o xerundio depende directamente dun verbo en forma finita, vai situado despois del, o pronome prefire a posición enclítica ao xerundio.
Jennifer Gesto Freire
Ningún comentario:
Publicar un comentario