xoves, 24 de novembro de 2016

AUDIO pronomes, Localización e moito mais...

AudioPal Widget











REFRANEIROS ÚTILES

Se o viño che prexudica o negocio, deixa o negocio.

Si queres boa fama, non che dea o sol na cama.

Dalle a un o pé e collerache a man

Mete o pidincheiro no teu palleiro e faráseche o teu herdeiro.

Toma o que che dan e non chores polo que queda.

Tal palabra me dixeche, tal corazón me puxeche.

Canto te vexo , canto te quero.

Cal vexo, tal de xuzgo e tal te creo.

Morto che quero, morto che adoro, non te afogo porque non podo.

Facenda teu amo te vexa por moi malo que sexa.

CANTIGAS

  ALÁ VAI O GAITEIRO
- Cantada pola Roda
Bota viño do ribeiro, taberneiro bota viño, bota viño do Ribeiro,
que os de Vigo pra cantare temos que beber primeiro,
temos que beber primeiro, ailalelo, ailalalo.
Alá vai o gaiteiro por detrás do pinar, vai tocando unha gaita,
ai deixalo pasar, ai deixalo pasar, ai deixalo pasar,
alá vai o gaiteiro por detrás do pinar.
Sonche de moito palique, as rapaciñas da Guarda sonche de moito palique,
elas botan o anzuelo, quen queira picar que pique,
quen queira picar que pique, ailalelo, ailalalo.
Alá vai o gaiteiro ...
Ben se poden alabare, as rapaciñas da Guarda ben se poden alabare,
son bonitas e ben feitas, e salgadas como o mare,
e salgadas como o mare, ailalelo, ai lalalo.
Alá vai o gaiteiro ...
Pensando que te casabas, fixéche-la permanente,
pensando que te casabas, fixéche-la vinte veces
e quedache como estabas
e quedache como estabas, ailalelo, ailalalo.
Alá vai o gaiteiro ...
Non é unha que son todas as rapaciñas da Guarda,
non é unha que son todas poñen dous pares de medias
pra facer as pernas gordas. Ailalelo ailalalo
Alá vai o gaiteiro ...

 28. RODABALLO
Nunha lancha de Marín
coa proa de carballo, BIS
catro rapaces da Pobra
ui, ai, ai
roubaron un rodaballo.BIS
Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa
O patrón que os mandaba
tamén era de Marín BIS
e díxolle ao rodaballo:
ui, ai, ai
moito miras para min! BIS
Mala chispa...
Fórono vender á lonxa
e con moito disimulo BIS
e quen o foi a comprar
ui, ai, ai
a filla do Cachirulo! BIS
Mala chispa ...
Aquí se acaba a historia
deste peixe rodaballo BIS
que por non haber aceite,
ui, ai, ai,
houbo que comelo asado. BIS
Mala chispa...

Ningún comentario:

Publicar un comentario