xoves, 24 de novembro de 2016

AUDIO pronomes, Localización e moito mais...

AudioPal Widget











REFRANEIROS ÚTILES

Se o viño che prexudica o negocio, deixa o negocio.

Si queres boa fama, non che dea o sol na cama.

Dalle a un o pé e collerache a man

Mete o pidincheiro no teu palleiro e faráseche o teu herdeiro.

Toma o que che dan e non chores polo que queda.

Tal palabra me dixeche, tal corazón me puxeche.

Canto te vexo , canto te quero.

Cal vexo, tal de xuzgo e tal te creo.

Morto che quero, morto che adoro, non te afogo porque non podo.

Facenda teu amo te vexa por moi malo que sexa.

CANTIGAS

  ALÁ VAI O GAITEIRO
- Cantada pola Roda
Bota viño do ribeiro, taberneiro bota viño, bota viño do Ribeiro,
que os de Vigo pra cantare temos que beber primeiro,
temos que beber primeiro, ailalelo, ailalalo.
Alá vai o gaiteiro por detrás do pinar, vai tocando unha gaita,
ai deixalo pasar, ai deixalo pasar, ai deixalo pasar,
alá vai o gaiteiro por detrás do pinar.
Sonche de moito palique, as rapaciñas da Guarda sonche de moito palique,
elas botan o anzuelo, quen queira picar que pique,
quen queira picar que pique, ailalelo, ailalalo.
Alá vai o gaiteiro ...
Ben se poden alabare, as rapaciñas da Guarda ben se poden alabare,
son bonitas e ben feitas, e salgadas como o mare,
e salgadas como o mare, ailalelo, ai lalalo.
Alá vai o gaiteiro ...
Pensando que te casabas, fixéche-la permanente,
pensando que te casabas, fixéche-la vinte veces
e quedache como estabas
e quedache como estabas, ailalelo, ailalalo.
Alá vai o gaiteiro ...
Non é unha que son todas as rapaciñas da Guarda,
non é unha que son todas poñen dous pares de medias
pra facer as pernas gordas. Ailalelo ailalalo
Alá vai o gaiteiro ...

 28. RODABALLO
Nunha lancha de Marín
coa proa de carballo, BIS
catro rapaces da Pobra
ui, ai, ai
roubaron un rodaballo.BIS
Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa
O patrón que os mandaba
tamén era de Marín BIS
e díxolle ao rodaballo:
ui, ai, ai
moito miras para min! BIS
Mala chispa...
Fórono vender á lonxa
e con moito disimulo BIS
e quen o foi a comprar
ui, ai, ai
a filla do Cachirulo! BIS
Mala chispa ...
Aquí se acaba a historia
deste peixe rodaballo BIS
que por non haber aceite,
ui, ai, ai,
houbo que comelo asado. BIS
Mala chispa...

mércores, 23 de novembro de 2016

Exercicios Resoltos

EXERCICIOS RESOLTOS:



1-
Indica se hai que colocar te ou che no oco destas oracións :
A) Pillo ____ o lapis.
B) Os teus saereiros quéren_____ moito.
C) Alguén _____chamou por teléfono.
D) A cartilaxe protéxe ____ a tráquea.
E) Querían asasinar___.
F)Esperàron_____.
G)Vaites coa barafunda que _____montaron.
H) Enzoufáron____ con alcatrán

2-
 Coloca te ou che no lugar correspondente:


A) Onte….. vin….. pola rúa 
 B) Quizais… pregunte….mañá.
C) Dixo que…..vira…hoxe.


RESULTADOS
1.
A)CHE
B)TE
C)TE
D)CHE
E)TE
F)TE
G)CHE

2.
A) Onte vinte pola rúa.
B)Quizais che pregunte mañá.
C)Dixo que te vira onte.



martes, 22 de novembro de 2016

CONTIDO LINGÜÍSTICO

 Por sé tratar de partículas átonas ,os pronomes átonos están suxeitos ao fenómeno dos clíticos, que os fai depender foneticamente da palabra que os antecede . De aí que sexan dúas as posicións de énclise e próclise , que os clíticos poden adoptar a respecto do verbo.
A posición marcada é a proclítica, mentres a enclítica é a non marcada.

Para sistematizar esquematicamente as regras sintácticas de colocación dos clíticos debemos distinguir os seguintes casos:


 En cláusulas con verbo finito:

A énclise atopase nas cláusulas simples  declarativas non negativas en que a orde de palabras é a habitual , nas cláusulas que conteñen a función nuclear de predicado , nas cláusulas non introducidas por un nexo conxuntivo e nas que van introducidas por nexos copulativos e adversativos.
Un clítico non se pode colocar nunca en posición inicial absoluta , nin inmediatamente despois da pausa.

A próclise ocorre nos seguintes casos: nas cláusulas tradicionalmente chamadas subordinadas, introducidas por nexos conxuntivos ou no, menos os copulativos e adversativos. Nas cláusulas desiderativas en que o suxeito precede ao verbo, nas cláusulas enfáticas, cando se quere solventar por focalización o suxeito e cando antes do verbo vai alguna das seguintes palabras non seguida de pausa (palabras a indicar negación,exclamativos, interrogativos, identificadores e cuantificadores, todos os adverbios de dúbida, limitación, inclusión, identificación e os presentativos de lugar).


En construción con infinitivo e xerundio:

Cando o infinitivo forma parte dunha perífrase verbal, o pronome pode acompañar ao infinitivo en énclise ou ocupar o lugar que lle corresponde ao verbo auxiliar.

Se o infinitivo non forma perífrase verbal, poden darse varias construcións:
A) Cando o infinitivo conforma co verbo principal un complexo verbal non perifrástico e desempeña nel a función de CD , o clítico admite o posicionamento con cada un dos verbos igual que se formasen perífrase: Quero collelo/Quéroo coller.
B) Se o infinitivo, non introducido por ningún nexo, funciona como suxeito ou atributo do verbo principal, o normal é que o promome vaia enclítico.
C) Cando o infinitivo vai rexido por unha preposición, o clítico que funciona como o seu complemento pode ir antes ou despois del.
D) Do infinitivo ir introducido por unha conxunción ou por pronome relativo e interrogativo-exclamativo, o pronome átono pode ir proclítico ou enclítico ao infinitivo.


Construccións con xerundio.

A) Nas perífrases verbais co verbo auxiliar en xerundio o verbo vai enclítico: Estouno observando/Estou observandoo.

B) Se o xerundio é o núcleo verbal da cláusula ,o pronome vai enclítico.
Mais do xerundio ir precedido dunha negación ou da preposición en, o pronome pode ir antes ou despois.

Se o xerundio depende directamente dun verbo en forma finita, vai situado despois del, o pronome prefire a posición enclítica ao xerundio.




Jennifer Gesto Freire

luns, 7 de novembro de 2016

INTRODUCIÓN

OS PRONOMES ÁTONOS GALEGOS "TE" E "CHE"

Este blog vai dirixido para os nosos amigos do sur, concretamente, os sevillanos, que nos envolven co seu arte. 

A continuación, falaremos dos pronomes galegos, en especial do "TE" e o "CHE" para que os nosos veciños de abaixo comprendan o seu uso.

Este é un blog aberto no que poden participar e usar calquera persoa que esté interesada nel.