martes, 6 de decembro de 2016

Entrevista a unha persoa que desexa adquirir o galego como segunda lingua



-Bos dias, como te chamas?

-Bos días, chámome Germán Delgado.

-Poderías dicirme de onde es?

-Son de Sevilla, dun pobo cerca da cidade.

-Porque desexas aprender galego?

-Quero aprender galego porque me gusta e tamén porque sinto que este me vai axudar a entender mellor e a relacionarme cos falantes da lingua portuguesa.
 
-Que é o que che parece máis difícil do galego?

-Aínda que a colocación dos pronomes átonos ten a súa dificultade, o que máis difícil me parece é a utlización do "te" e do "che".

-Poderías concretar?

-Si. O que quero dicir e que non son capaz de identificar as situacións nas que se debe empregar o "te" e o "che". Aínda que haxa unhas normas específicas, como que o "te" vai sempre acompañando a un complemento directo e o "che" a un complemento indirecto, hai casos nos que non é así, e costame bastante comprender porque é dunha maneira ou doutra.
 Ademáis, cóstame moitísimo pronunciar tódolos pronomes seguidos, como por exemplo en "Fixéchesllelo", a cantidade de sons que hai nesa palabra e incríble, e desde logo non os temos en Andalucía.

-Cres que de aquí a un ano serías capaz de falar o galego e colocar ben os pronomes?

-Si, a verdade e que xa estou progresando moito e coa vosa axuda podo chegar a entender bastante ben o tema da colocación e a significación dos pronomes.

-Iso é todo, boa sorte co galego e ata logo.

-Grazas, ata logo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario