Blog dirixido a persoas do sur de españa, para estudar os pronomes, concretamente os pronomes átonos "TE" e "CHE".
mércores, 14 de decembro de 2016
martes, 6 de decembro de 2016
Entrevista a unha persoa que desexa adquirir o galego como segunda lingua
-Bos dias, como te chamas?
-Bos días, chámome Germán Delgado.
-Poderías dicirme de onde es?
-Son de Sevilla, dun pobo cerca da cidade.
-Porque desexas aprender galego?
-Quero aprender galego porque me gusta e tamén porque sinto que este me vai axudar a entender mellor e a relacionarme cos falantes da lingua portuguesa.
-Que é o que che parece máis difícil do galego?
-Aínda que a colocación dos pronomes átonos ten a súa dificultade, o que máis difícil me parece é a utlización do "te" e do "che".
-Poderías concretar?
-Si. O que quero dicir e que non son capaz de identificar as situacións nas que se debe empregar o "te" e o "che". Aínda que haxa unhas normas específicas, como que o "te" vai sempre acompañando a un complemento directo e o "che" a un complemento indirecto, hai casos nos que non é así, e costame bastante comprender porque é dunha maneira ou doutra.
Ademáis, cóstame moitísimo pronunciar tódolos pronomes seguidos, como por exemplo en "Fixéchesllelo", a cantidade de sons que hai nesa palabra e incríble, e desde logo non os temos en Andalucía.
-Cres que de aquí a un ano serías capaz de falar o galego e colocar ben os pronomes?
-Si, a verdade e que xa estou progresando moito e coa vosa axuda podo chegar a entender bastante ben o tema da colocación e a significación dos pronomes.
-Iso é todo, boa sorte co galego e ata logo.
-Grazas, ata logo.
Viñetas de Carlos Blanco, exemplos dos diferentes usos dos pronomes.
Nesta viñeta o humorista Carlos Blanco dalle uso primeiramente ó "te" de forma proclítica e de seguido na resposta usa o "che" da misma maneira.
Aquí o uso do "che" utilizase de forma enclítica.
Nesta viñeta aparecen o "te" e o "che" de forma enclítica.
Esta viñeta só contén un "che" ligado proclíticamente o verbo regalar. No castelán dirían "te" regalan, e no galego dicimos regalanche, tamén poderemos escoitar en outras zonas de Galicia "regalante".
Neste sucede a énclise do "che".
Nestas viñetas aparecen variantes dialectais do galego como a gheada, non se debe considerar galego normativo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)